XIX Xornadas de Formación do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
captura_cartaz_curso_formacion_1.jpgO próximo sábado, día 26 de abril, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XIX Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso desta volta será o achegamento ás redes e programas de seguimento da biodiversidade galega da man de GEAS e da plataforma www.biodiversidade.eu Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, epecies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: 

Programa das XIX Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.

11.15 Estado do Proxecto Ríos.

12.00 Redes e Programas de Seguimento:

Atlas de mamíferos e redes de seguimento Xosé Pardavila-GEAS Plataforma www.biodiversidade.eu. Roi Carbajal-Investigador do Dpto. de Botánica da USC.

14.00 Xantar.

15.30Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.

19.00 Clausura do curso.

O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico:

< Anterior   Seguinte >
go to top