O Proxecto Ríos Presenta o Manual de Custodia Fluvial Imprimir E-mail

img_4983_reducida.jpgVimos de presentar o Manual de Custodia Fluvial, que pretende ser un documento de referencia no que se tratan cuestións ligadas á participación cidadá polos ecosistemas fluviais, propoñendo diversas estratexias para desenvolver iniciativas de estudo, recuperación e mellora dos nosos ríos.

O Manual de Custodia Fluvial convértese, xa que logo, nunha ferramenta útil para promover actividades de custodia do territorio. Está dirixido a todas aquelas persoas e entidades que teñan interese en participar de forma activa na protección, conservación e mellora dos ríos e zonas húmidas.

Outro motivo desta publicación ten que ver co feito de que, dentro dos niveis de participación do voluntariado no Proxecto Ríos, está contemplada a posibilidade de adquirir un nivel maior de compromiso que permita realizar accións concretas de mellora no treito de río escollido.

O Manual de Custodia Fluvial está dispoñible para a súa descarga en liña na seguinte ligazón: Manual_Custodia_Fluvial.pdf.

< Anterior   Seguinte >
go to top