Xornada Teórico Práctica sobre EEI en Gondomar Imprimir E-mail
img20151202wa0012.jpgO pasado 20 de novembro, o Proxecto Ríos realizou unha xornada teórico práctica sobre especies exóticas invasoras no concello de Gondomar. A concellaría de medio ambiente de Gondomar, moi interesada nas especies invasoras presentes no río Miñor ao seu paso polo municipio, promoveu esta xornada para capacitar aos opearios do concello no recoñecemento e métodos de control e eliminación de plantas invasoras na contorna fluvial.
img20151202wa0014.jpgA xornada comezou ás 11:30 cunha presentación sobre a participación social na eliminación de especies invasoras a cargo de Ramsés Pérez, coordiandor de programas de educación ambiental de ADEGA. A continuación, Paco Bañobre, coordinador de grupos do Proxecto Ríos, fixo un repaso das especies de flora exótica máis comúns nos ecosistemas fluviais, comentando as súas características e métodos de control. Logo dun pequeno receso para xantar, desenvolveuse a parte práctica, que consistíu nun percorrido polo río Miñor identificando plantas e explicando os metodos de eliminación mecánica dependendo das particularidades da especie, a súa fenoloxía, etc... Co tema das árbores como acacias e falsas acacias, explicouse como facer un anel de descortizado sobre os exemplares máis grandes, método eficaz para secar a árbore e evitar a súa propagación.
img20151202wa0011.jpgA xornada foi moi produtiva e os operarios do concello amosaron un gran interese sobre a temática. A eliminación das especies invasoras no río Miñor sería unha actuación dentro dun plan de rexeneración integral do río Miñor que pretende desenvolver o concello de Gondomar que contempla diversas actuacións como a estabillización das marxes plantando árbores autóctonas de ribeira, constución de muros krainer, eliminación de vertidos, etc.
 
 img20151202wa0010.jpg
 
 
< Anterior   Seguinte >
go to top