Resultados da IX Limpeza Simultánea de Ríos Imprimir E-mail
img_20161002_132614_red.jpgFomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na IX Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, radiocasetes, restos de coches, pilas, electrodomésticos, extintores. As toalliñas húmidas foron do lixo máis abundante. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado, colchóns...
Pódese consultar a Memoria Final e o Álbum de Fotos da Xornada na Web da Limpeza.
Pódense descarregar os resultados definitivos: Resultados_Limpeza_2016.pdf
Queremos homenaxear aos centos de voluntarios e voluntarias que participaron nesta nova convocatoria de limpeza de ríos con este vídeo:
captura_video_limpeza.png 
 
Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman case 13 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta.
img20161002wa0093.jpg
A IX Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrou este ano en 44 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 56 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 5 concellos que organizan directamente esta actividade.
Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Para esta actividade contamos coa colaboración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, así como os concellos de A Coruña, A Estrada, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo, e Tomiño.
Queremos voltar a agradecer a todo o voluntariado galego o seu compromiso cos nosos ríos, un ano máis a sociedade galega Mollouse Polos Ríos!!

 taboa_resultados_1.png
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 taboa_resultados_2.png
 

 
< Anterior   Seguinte >
go to top