bannerlimpeza2.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos Dixital






Campaña de Primavera
inspeccin.jpgLogo de cumprir 5 anos de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga.

Por ese motivo vémonos na necesidade de retrasar o inicio da campaña de primavera ao 1 de maio (15 días). Para esas datas se vos enviará unha nova carta co novo material de inspección e cos novos reactivos químicos.

Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa

 


Proxecto Ríos leva as suas experiencias de custodia fluvial a Catalunya

jornades_b.gifO Proxecto Ríos  participará esta semana na I Xornada de Custodia Fluvial e Participación Cidadá da Associació Hàbitats de Catalunya. O encontró que se celebrará os dias 9 e 10 de abril en Manlleu, pretenden ser un espazo de intercambio de experiencias e reflexións sobre as estratexias de conservación e mellora dos espazos fluviais desde a participación cidadá.

Descarrega o cartaz JORNADES.pdf JORNADES.pdf (284.47 KB)

XI Xornada de formación de coordenadores/as do PR
curso.jpgO próximo sábado día 17 de abril terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as XI Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Logo de cumprir 5 anos de andaina, dende o Proxecto Ríos deseñouse un plano estratéxico para enfocar o traballo dos vindeiros anos. Un dos obxectivos que nos marcamos dende a coordinación do proxecto é a renovación dos materiais de inspección, fundamentalmente do Manual de Inspección. Modificamos algúns aspectos da metodoloxía para adaptar os resultados ás necesidades da Directiva Marco da Auga. Queremos aproveitar as xornadas para presentavos estes cambios.

Descarrega o cartaz  XI Xornada Formacion abr-2010.pdf XI Xornada de Formación abr-2010 (0,6 MB)


O Proxecto Ríos convídate a participar no calendario fenolóxico 2010
fenoloxico.pngAo igual que en 2008 e 2009, ADEGA convídavos a participar no proxecto sobre a fenoloxía aplicada aos cursos fluviais. Parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son valiosos indicadores do clima, servindo para valorar a repercusión que a mudanza climática está a ter sobre as especies. Mediante saídas e cubrindo unha sinxela ficha pretendemos elaborar un mapa sobre a situación das árbores de ribeira. Esta actividade, concentrada no período 5 ao 11 de abril, mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país, analizando o estado de floración de diferentes árbores e plantas. Podes baixar a ficha deste anoCalendario Fenoloxico 2010.pdf Calendario Fenolóxico 2010 (248 KB)
Parcicipa con ADEGA e o Proxecto Ríos nas actividades do Día Mundial da Auga
wwd10.jpgEste luns 22 de marzo celébrase o Día Mundaial da Auga . Este ano o lema é "AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL", en referenza á calidade dos recursos hídricos e a súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano (ver o Informe RIOS GALEGOS 2009.pdf Informe RÍOS GALEGOS 2009 (5.46 MB).
Crónica do roteirríos 2010. Macizo central Ourensá
parada_xeolxica_20.jpgIniciamos en 2010 o programa de roteiros do Proxecto Ríos a fin de semana do 13, 14 de marzo. Desta volta os Roteirríos estarán adicados á posta en valor e ao coñecemento dos ríos de montaña, cursos de auga de enorme valor ambiental que forman un todo indisoluble coas montañas onde nacen.
O Macizo Central Ourensá é un espazo que engloba varias serras, sendo as máis salientables as de San Mamede, Queixa e Manzaneda. Quixemos dar a coñecer aos participantes deste primeiro Roteirríos o seu patrimonio.

ROTEIRRÍOS 2010. 13-14 DE MARZO MACIZO CENTRAL OURENSÁ
ros_queixa_2010_10.jpgRoteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social.
A temática escollida para os itineraios neste ano é o de ríos de montaña. O noso páis acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun gran valor ecolóxico. Dende o Proxecto Ríos, queremos achegarnos a este singular patrimonio para divulgalo e poñelo en valor como unha peza fundamental para a conservación dos nosos ríos.
Nesta edición realizaranse dous roteiros de fin de semana, visitando no mes de marzo o Macizo Central Ourensá i en setembro Trevinca.
Crónica do IV Campo Voluntariado ambiental Proxecto Tea
grupo.jpgIniciamos en 2010 o IV Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea coa primeira quenda de traballos no campo a fin de semana do 5, 6 e 7 de febreiro. Nestas xornadas de traballo o voluntariado se achegou ata o concello de Mondariz para realizar tarefas de recuperación e revexetación en dúas zonas da ribeira do Tea nas que se fixeron, en campos anteriores, traballos de eliminación de flora exótica invasora. Deseñamos esta actividade á raíz das achegas realizadas polo voluntariado e a equipa de Educación Ambiental de ADEGA durante as valoracións dos campos de voluntariado de 2009. Durante estas xornadas, os participantes propuxeron actuar en dúas zonas onde se eliminou o 90% da flora exótica invasora (Acacia dealbata e Phyllostachys sp.) para favorecer a súa recuperación e revexetación con flora autóctona, así como para minimizar o rebrollamento destas plantas.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 129 - 144 de 254
go to top