O 1 de setembro iniciouse a campaña de outono do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 15 de outubro. Todos e todas que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e se sodes xa membros e tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos. Na actualidade somos xa 215 grupos as que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SÚMATE! |
|
|
O Centro multiusos de Melide acollerá, hoxe as 8.30h a presentación da páxina web da asociación de troiteiros o río Furelos. Nesta páxina o colectivo amosa a súa actividade, así como presenta contidos relacionados co mundo da pesca.
A asociación de troiteiros do río Furelos, leva dous anos participando activamente no proxecto Ríos, así a maiores da realización das inspeccións, tamén articipoaron no II Encontro de Voluntariado de Lalín. |
|
|
Os días 22 e 23 de Xuño, responsables do Proxecto Ríos de Catalunya, País Valencià, Galiza , Cantabria e Madrid, reunirémonos en Barcelona para desenvolver as bases do traballo en rede do proxecto a partir das distintas experiencias dos colectivos que participan na rede. No sábado, realizaremos un percorrido para coñecer distintos proxectos de adopción que se están a desenvolver en Catalunya. |
|
|
O III Encontro de Voluntariado terá lugar o 16 de Xuño do 2007, na Finca de Lourizán, pretende ser o espazo de encontro do voluntariado que está a participar no proxecto, e o espazo onde compartir as experiencias e as actividades que se están a desenvolver nos distintos concellos.
ANÍMATE E PARTICIPA |
|
|

A canoa permítenos coñecer o río dende dentro e nun medio de transporte respetuoso co medio. No roteiro que vos propoñemos, entre a Barcela e As neves, experimentaremos augas bravas, e en todo momento estaremos compañados pormonitores de Arrepions, que nos explicaran como pasar polos rápidos e nos axudarán se temos algunha dificultade.
|
|
O día 21 de Abril terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as V Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Nestas V Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos; A Directiva Marco da Auga e os sistemas descentralizados e naturais de tratamento de augas residuais. |
|
|
O 15 de Abril iniciase a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1 de Xuño.
Todos e todas que o desexedes aínda estades a tempo para sumaros ao Proxecto, e se sodes xa membros e tedes algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto con nos. Na actualidade somos xa 215 grupos as que estamos a traballar por toda a xeografía galega. SUMATE |
|
|
O antigo caminho de ferro que unía as localidades de Valença e Monçao, converteuse na primeira via verde de Portugal, baixo o nome de Ecopista do Miño. Conta con 13 Km de via ciclábel que discorren a beira do río Miño, por lugares de alto valor ecolóxico, incluídos dentro da rede Natura 2000. No percurso poderemos contemplar as ínsuas e fértiles veigas do Miño, aves linmícolas, acuáticas así como matas ripícolas. Na Ponte Seca (Valença), adaptouse a antiga casa da Vigia como centro de Interpretación. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 81 - 96 de 134 |